logo de Clubexa.org

Rolda 7 da liga 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-03-04 15:17:28)

Rolda 7

Mala sétima rolda para o noso club. Soamente a Pena Clubexa fixo un bo resultado.

En primeira o noso equipo visitou ao líder, o POKERYAJEDREZ.COM ARTEIXO A, e perdeu pola mínima, pasando ao cuarto puesto. 

En segunda, o Afeccionados Clubexa non pasou do empate co O TOQUE XIRIA e segue coqueteando co descenso unha semana máis. Polo de agora sálvase pero soamente lle leva medio punto ao terceiro pola cola que si baixa. Mentres que o Pena Clubexa gañou comodamente ao AIR HOSTESS A POR 3 a 1.

E en terceira o noso equipo na súa visita ao segundo clasificado, o ALEXANDRE BÓVEDA C, perdeu claramente por 3 a 1. A pesar diso, mantén o terceiro posto que permite o ascenso de categoría. Iso si, lévalle un punto ao cuarto clasificado.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiros, seguide lendo. 




Rolda 6 da liga 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-03-03 19:46:10)

Mellorable sexta rolda dos equipos ExAs.

O equipo de primeira segue con paso firme. Esta vez a súa vítima foi o GRUPO BAZÁN B ao que lle endosou un claro 3 a 1.

En segunda, mentres o Afeccionados Clubexa non pasou do empate contra o E.L.X XAQUEDRUM CADETE no súa viaxe a Lugo o Pena Clubexa perdeu en  Carballo contra O TOUE XIRIA pola mínima.

E, por último, en tercerira os noso equipo gañou ao ALEXANDRE BÓVEFA D pola mínima.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiros, seguide lendo. 




Rolda 5 da liga 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-02-20 11:27:24)

Nesta rolda 5 os de primeira recibiron a súa primeira derrota. Foi, pola mínima, na súa visita ao Círculo Ferrolano B.

Os de terceira visitaron ao Sporting Club Casino e lles gañaron claramente por 3 a 1.

En segunda e xogando na casa, o Afeccionados Clubexa perdeu contundentemente por 3.5 a 0.5 contra o CIDU mentres que o Pena Clubexa gañou por 3 a 1 contra o E.L.X Xaquedrum Cadete.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiras seguide lendo.


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2020 da Liga Galega por equipos de xadrez

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook