5 rolda da liga por equipos 2013
Mala 5ª rolda para os equipos ExAs: dous empates e dúas derrotas polo mesmo resultado, 3 a 1.
En primeira o noso equipo sufriu a primeira derrota: foi contra o equipo Marquiño na Pobra do Caramiñal. Mentres en segunda, a Peña ExA perdeu por 3 a 1 contra PokeryAjedrez.com Arteixo B e os ExAs Aficionados non pasaron do empate contra a Escola Xadrez Sigrás B.
E, por último, o noso equipo de terceira, a Escola ExA, empatou a domicilio contra Air-Hostess C.
Cuarta rolda da liga por equipos 2013
Xusto antes do parón carnavaleiro, na cuarta rolda, a actuación dos equipos ExAs non foi moi boa.
Soamente gañou o equipo de primeira que está abonado ao 3 a 1. Esta vez, a vítima foi o equipo Algalia de Abaixo.
En segunda, os ExAs aficionados non pasaron do empate co Alexandre Bóveda C, mentres que a Peña Exa perdeu pola mínima coa Escola Xadrez Sigrás B.
Os de terceira seguen coa mala racha e tamén perderon pola mínima co Alexandre Bóveda D
Terceira rolda da Liga por equipos 2013
O equipo de primeira segue coa boa racha, viaxou ao Grove e gañou ao Breogán A por 3 a 1.
Na casa, os dous equipos de segunda, ExAs Aficionados e Peña ExA recibiron ao CIDU-Universidade e ao Alexandre Bóveda C respectivamente. O primeiro gañou 2.5 a 1.5 e o segundo empatou.
En canto ao equipo de terceira, Escuela ExA, primeiro tropezo: perdeu contra Air-Hostess A por 3 a 1.