logo de Clubexa.org

Rolda 5 da liga 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-02-20 11:27:24)

Nesta rolda 5 os de primeira recibiron a súa primeira derrota. Foi, pola mínima, na súa visita ao Círculo Ferrolano B.

Os de terceira visitaron ao Sporting Club Casino e lles gañaron claramente por 3 a 1.

En segunda e xogando na casa, o Afeccionados Clubexa perdeu contundentemente por 3.5 a 0.5 contra o CIDU mentres que o Pena Clubexa gañou por 3 a 1 contra o E.L.X Xaquedrum Cadete.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiras seguide lendo.




Rolda 4 da liga 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-02-20 11:16:41)

Nesta rolda boa actuación dos de primeira que recibiron a visita do E.L.X. Dvorak 2.0 e lles endosaron un 3 a 1.

Pola súa banda, os de terceira lograron na casa un contundente 4 a 0 contra o AAVV O Gaiteiro Sigrás.

En cambio en segunda, dúas claras derrotas dos dous equipos ExAs nos seus desprazamentos. Afeccionados Clubexa perdeu contra o PokeryAjedrez.com Arteixo B por 3 a 1 e, por idéntico resultado, tamén o fixo a Pena Clubexa contra o CIDU.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiros seguide lendo. 




Rolda 3 da liga 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-02-20 11:08:16)

Mala rolda 3 para os equipos ExAs.

En primeira, lograron un meritorio empate contra Bazán A.

En segunda, e xogando na casa, os Afeccionados Clubexa non pasaron do empate contra o Escola Sigrás B mentres que a Pena Clubexa perdeu por 3 a 1 contra o PokeryAjedrez.com Arteixo B.

Os de terceira tocoulles descanar nesta rolda.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiros, seguide lendo. 


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook