Teceira rolda: unha tarde apracible para os equipos CLUBEXA
Pese á climatoloxía, a tarde do sábado 7 foi apracible para os equipos CLUBEXA.
Nesta terceira rolda os resultados dos nosos equipos foi bastante boa:
O equipo de Preferente xogou de local contra o USC e logrou unha importante vitoria. Gañou 3,5 a 2,5.
O equipo de Primeira viaxou a Betanzos para enfrontarse ao CXB LUGAMI. Gañou 2,5 a 1,5.
O equipo de Segunda recibiu ao ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA A, empatando o encontro.
O equipo de Terceira xogou, como visitante, contra o XDM - MONTE ALTO, logrando tamén un empate.
Rolda 2 da Liga 2026 e variedade de resultados
Despois dos problemas climatolóxicos que impediron comezar a liga na data prevista, o 24 de xaneiro, fixémolo na segunda rolda, xogada o último día do primeiro mes, con variedade de resultados:
O equipo de preferente CLUBEXA A descansou pola renuncia do equipo CLUB XADREZ OROSO.
O equipo de primeira, xogando como local, obtivo un bo empate ante MIRKO A.
O equipo de segunda ESCOLA XADREZ CLUBEXA A visitou ao TDFC SIN QUERER e perdeu pola mínima (1.5 a 2.5).
O equipo de terceira ESCOLA XADREA CLUBEXA B - CLUB DEL MAR, xogando como local, obtivo unha contundente vitoria (4 a 0) ante o CORUÑA CLUB DE AJEDREZ B.
Comozou a Liga 2023!!
Comezou a Liga por equipos 2023 con sabor agridulce para nós.
Se ben en primeira división os resultados foron negativos xa que perdimos os dous encontros, nas categorias inferiores foron positivos.
O CLUBEXA A foi a Narón a xogar contra o NARONTEC C.X.N. e perdeu claramente por un resultado de 3 - 1 sen gañar ningún encontro. En cambio o CLUBEXA B que xogou contra o ALGALIA, a priori claro favorito, perdeu pola mínima (1,5 - 2,5) malgastando unha oportunidade de dar a sorpresa e gañar o encontro. Xa que tivo a victoria no cuarto taboleiro. Pero o noso xogador,en apuros de tempo, non encontrou o camiño para transformar en victoria a súa ventaxe e, incluso, acabou perdendo a partida.
En segunda, o equipo Afeccionados CLUBEXA que vistou o feudo do XIRIA CALVO CARBALLO B, gañou contundentemente (0-4) e, en terceira, o noso equipo Escola Xadrez CLUBEXA, tamén como visitante, gañou pola mínima (1,5 - 2,5) contra CLUB XADREZ O TOQUE XIRIA CARBALLO .



