logo de Clubexa.org

Segunda rolda da Liga 2014

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-01-24 09:30:32)

Nesta segunda rolda o equipo de primeira volveu a gañar pola mínima. Esta vez na sua visita ao CÍRCULO FERROLANO B.

En segunda, esta vez gañou o equipo AFECCIONADOS CLUBEXA, 2.5 a 1.5, e perdeu a PENA CLUBEXA co mesmo resultado. O primeiro xogou contra a ESCOLA XADREZ SIGRÁS B  e o segundo o fixo contra o CIDU.

Mentres que en terceira, a ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA gañou por 3 a 1 contra CEIP CANOSA-RUS - O TOQUE XIRIA.

A continuación tedes os resultados por taboleiros dos catro encontros.




Primeira rolda da liga 2014

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-01-17 10:09:30)
Aspecto da sala de xogo de CLUBEXA

Comezou a liga 2014 e o inicio dos nosos equipos foi dispar.

En primeira, o noso equipo CLUBEXA tivo un bo  comezo gañándolle o encontro, pola mínima (2.5 a 1.5), a unha sempre difícil Escola Técnica de Xadrez.

En segunda, na loita fraticida entre os nosos equipos, trinfou a PENA CLUBEXA sobre AFECCIONADOS CLUBEXA con un contundente 3 a 1.

E en terceira, a ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA perdeu claramente con CIDU UNIVERSIDADE por 3 a 1. 

Para saber como foron os resultados por taboleiros, tedes o seguinte enlace:




Rolda 9 da liga por equipos 2013

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-04-13 11:17:41)

Xa falta menos para rematar esta liga e a cousa pinta do máis variado para nós.

En primeira, o noso equipo segue coa súa marcha triunfal e gañou no domicilio de CXF - Casa da Xuventude por 3 a 1.

En segunda, e na casa, os nosos equipos seguen do máis irregular. Mentres os ExAs Aficionados perderon pola mínima co O Toque Siria, os da Peña ExA, soamente, empataron co equipo de Xadrez Betanzos A.

En terceira, o noso equipo, xa co ascenso no saco, empataron a domicilio co equipo Xadrez Betanzos B.


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2020 da Liga Galega por equipos de xadrez

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook