logo de Clubexa.org

Terceira rolda da Liga por equipos 2013

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-01-31 12:44:46)

O equipo de primeira segue coa boa racha,  viaxou ao Grove e gañou ao Breogán A por 3 a 1.

Na casa, os dous equipos de segunda, ExAs Aficionados e Peña ExA recibiron ao CIDU-Universidade e ao Alexandre Bóveda C respectivamente. O primeiro gañou 2.5 a 1.5 e o segundo empatou.

En canto ao equipo de terceira, Escuela ExA, primeiro tropezo: perdeu contra Air-Hostess A por 3 a 1. 




Segunda rolda da liga por equipos 2013

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-01-22 14:44:25)

Boa rolda para os equipos ExAs:

 Na casa gañaron os equipos de primeira e terceira, respectivamente, a  DISTRIBUNOSA - XADREZ RIANXO e a AA.VV. SIGRÁS  por idéntico resultado: 3 a 1.

Os equipos de segunda, ExAs Aficionados E a Peña ExA que xogaban fora, non podían ser menos, e fixeron os dous tamén o mesmo resultado. Esta vez gañaron por 2.5 a 1.5 a  ARTESANOS "A"  e  a CIDU - UNIVERSIDADE.



Rolda primeira da liga por equipos 2013

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-01-15 14:23:34)
Dani e Diego pelexando duro!!

Comezou a liga por equipos 2013 e os resultados dos equipos ExAs foron os seguintes:

O noso primeiro equipo gañou o seu encontro con XADREZ NEMENZO por 3 a 1.

En segunda houbo unha loita fraticida entre os nosos dous equipos e EXAS AFICIONADOS fixo valer a súa condición de favorito e gañou por 3 a 1 a PEÑA AJEDRECISTA EXA.

En terceira o noso equipo da Escola gañou a domicilio por un contundente 4 a 0 a POKERYAJEDREZ.COM ARTEIXO "C".

Para coñecer os resultados por taboleiros picade en "leer más...".

Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook