A Escola de Xadrez CLUBEXA comeza a nova tempada o 11 de setembro
As clases e adestramentos para a tempada 2027 comezarán o venres 11 de setembro, de 17:00 a 21:00 horas, no Club del Mar de San Amaro.
Os que estean interesados, poden mandarnos un correo a info@clubexa.org ou poden poñerse en contacto directamente co noso director deportivo Manolo Arias (606110622).
Promoción á División de Honra: Non puido ser!

O 25 xogouse o encontro de volta da promoción á División de Honra e, despois do mal resultado no encontro de ida, o noso primeiro equipo gañou ao C.X. RIANXO por un 3,5 a 2,5. Resultado que foi insuficiente para consumar a remontada. Ao final o computo global foi CX RIANXO 6,5 – CLUBEXA A 5,5. Soamente queda felicitar ao rival polo seu ascenso.
De tódalas maneiras gran actuación do noso equipo nesta liga 2026 que quedou en segundo lugar do seu grupo e, incluso, acariciou o ascenso.
En canto ao resto dos nosos equipos na rolda 11 e derradeira foi a seguinte:
Na Primeira División o CLUBEXA B gañoulle ao ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B por 3 a 1. Logrou manter a terceira praza do seu grupo A, completando unha boa liga 2026. Unicamente perdeu o encontro co TDFC que quedou, ademais de invicto, campión do grupo. Felicidades ao TDC polo seu ascenso.
En Segunda División o noso equipo logrou un resultado de 3 a 1 na súa visita ao CIDU INCUDE, logrando un discreto oitavo posto no seu grupo.
Mal comezo na promoción á División de Honra

O 18 xogouse o primeiro encontro da promoción á División de Honra e, a verdade, non saíu ben: o noso equipo perdeu claramente por 4 a 2 co C.X. RIANXO. Pero aínda falta o encontro de volta no que os nosos xogadores o darán todo para levantar este mal resultado.
Ademais, neste día, xogouse a décima rolda nas categorías Primeira e Segunda.
Na primeira división o noso equipo visitou o CÍRCULO FERROLANO C, gañou pola mínima e mantén a terceira posición do grupo A.
Na segunda división a ESCOLA XADREZ CLUBEXA A recibiu a visita do XIRIA CALVO CARBALLO A que gañou por un contundente 3,5 a 0,5, logrando o segundo posto do grupo B. Na próxima e derradeira rolda, o noso equipo necesita, no peor dos casos, medio punto para manter a categoría.



