logo de Clubexa.org

Rolda novena da Liga 2014

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-03-20 14:09:41)

Moi boa novena rolda para o nolo club.

O primeiro que temos que facer e felicitar aos nosos compañeiros do equipo de terceira, ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA, que lograron, por carto ano consecutivo o ascenso de categoría. E o fixeron da mellor maneira posible: gañaron no domicilio do POKERYAJEDREZ.COM ARTEIXO C por 4 a 0, consolidándose na terceira praza da clasificación final do seu grupo.

En primeira, o CLUBEXA logrou un importante empate contra o equipo GRUPO BAZÁN A. Os dous puntos conseguidos ante o, posiblemente, mellor equipo do grupo, e cunha aliñación de circunstancias, faino asegurar prácticamente a permanencia. 

E, en segunda, os nosos equipos volvéronse poñer de acordo, esta vez na vitoria que os afasta, polo de agora, do descenso. O equipo AFECCIONADOS CLUBEXA gañou por 3 a 1 a O TOQUE XIRIA, mentres que o PENA CLUBEXA endosoulle un contundente 3.5 a 0.5 ao CÍRCULO FERROLANO E.

Para coñecer os resultados por taboleiros, hai que seguir lendo. 




Rolda oitava da Liga 2014

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-03-14 13:49:29)

Dous empates, unha vitoria e unha derrota foron os resultados acadados por nosos equipos nesta oitava rolda.

En primeira, o CLUBEXA viaxou a Lugo para enfrontarse ao RECATELO CAMPUS LUGO e obtivo un empate que o acerca ao seu obxectivo principal que é a permanencia.

En segunda, este ano non lles vai moi ben aos nosos equipos. Mentres o AFECCIONADOS CLUBEXA empatou en Ferrol contra o Círculo Ferrolano C, o PENA CLUBEXA saiu derrotado de Malpica na súa visita ao GILLÁN EL PROGRESO por un contundente 3.5 a 0.5.

E en terceira, a ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA segue con paso firme no seu grupo para lograr o ascenso (fáltalle unha rolda para confirmalo). Esta vez a súa vítima foi o AA.VV. O GAITEIRO - SIGRÁS ao que lle endosou un claro 3 a 1.

Se queres coñecer os resultados por taboleiros, segue lendo. 




Sétima rolda da Liga 2014

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-03-05 11:21:28)

Antes do parón carnavaleiro, os nosos equipos disputaron a sétima rolda, obtendo dúas vitorias e dous empates.

En primeira, o noso equipo CLUBEXA non pasou do empate contra E.L.X. DVORAK 2.0.

En segunda, cada un dos nosos equipos fixo un resultado distinto. Mentres o PENA CLUBEXA gañou convincentemente contra  o CABO TOURIÑÁN (3 a 1), o AFECCIONADOS CLUBEXA empatou contra o ALEXANDRE BÓVEDA C.

E en terceira, o ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA, que foi o único que xogou fóra, gañou, unha vez máis, consolidándose no terceiro posto do seu grupo. Esta vez foi pola mínima e contra o ALEXANDRE BÓVEDA D. 

Se queredes saber como foron os resultados por taboleiros seguide lendo. 


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook