Rolda sexta da Liga 2014
Rolda agridulce para os ExAs.
En primeira, o noso equipo Clubexa, como visitante, gañou pola mínima a Viveiro.
En segunda, os dous equipos reinciden na derrota. O Pena Clubexa perdeu con O Toque Xiria na súa visita a Carballo por un claro 3 a 1. Mentres que o Afeccionados Clubexa saiu derrotado na súa visita ao equipo Artesanos pola mínima.
E, en terceira, o noso equipo gañou ao Smislov Sada por 3 a 1.
Se queredes saber os resultados por taboleiros, seguide lendo.
Quinta rolda da Liga 2014
Negra rolda para o noso club. Soamente xogaba fóra o equipo de terceira e, sen pasar do empate, fixo máis puntos que os outros tres xuntos. 1,5 puntos de 12 posibles é o que fixeron os nosos equipos locais. Desastrosa 5 rolda para nós.
En primeira, o CLUBEXA, que estaba de segundo na clasificación provisional, recibiu ao CÍRCULO XADREZ CIDADE DE NARÓN, terceiro a 0.5 puntos, e sufriu unha derrota contundente. Soamente fixo medio punto que o relega ao sexto posto.
En segunda, esta vez puxéronse de acordo (pero na derrota). O PENA CLUBEXA perdeu co CÍRCULO FERROLANO C, cun resultado de 1 a 3 e o AFECCIONADOS CLUBEXA non fixo ningún punto contra o CIDU.
E, coma xa se comentou ao principio, o equipo de terceira empatou. Fíxoo na súa visita ao AIR-HOSTESS C.
Se queredes saber quenes fixeron os puntos, seguide lendo.
Cuarta rolda da Liga 2014
Se non fora pola derrota do equipo PENA CLUBEXA, a cuarta rolda sería redonda para nós.
En primeira, na súa visita ao equipo de ARTEIXO, o CLUBEXA gañou 3.5 a 0.5.
En segunda, seguen alternando resultados, O AFECCIONADOS CLUBEXA visitou o CÍRCULO FERROLANO E e lle endosaron un 4 a 0, mentres que o PENA CLUBEXA visitou ALEXANDRE BÓVEDA C e perdeu 1.5 a 2.5.
E en terceira, a ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA, o único que xogou como local, gañou 3.5 a 0.5 contra o XADREZ BETANZOS B.
A continuación, os resultados por taboleiros.