logo de Clubexa.org

Rolda 4 da liga 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-02-20 11:16:41)

Nesta rolda boa actuación dos de primeira que recibiron a visita do E.L.X. Dvorak 2.0 e lles endosaron un 3 a 1.

Pola súa banda, os de terceira lograron na casa un contundente 4 a 0 contra o AAVV O Gaiteiro Sigrás.

En cambio en segunda, dúas claras derrotas dos dous equipos ExAs nos seus desprazamentos. Afeccionados Clubexa perdeu contra o PokeryAjedrez.com Arteixo B por 3 a 1 e, por idéntico resultado, tamén o fixo a Pena Clubexa contra o CIDU.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiros seguide lendo. 




Rolda 3 da liga 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-02-20 11:08:16)

Mala rolda 3 para os equipos ExAs.

En primeira, lograron un meritorio empate contra Bazán A.

En segunda, e xogando na casa, os Afeccionados Clubexa non pasaron do empate contra o Escola Sigrás B mentres que a Pena Clubexa perdeu por 3 a 1 contra o PokeryAjedrez.com Arteixo B.

Os de terceira tocoulles descanar nesta rolda.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiros, seguide lendo. 




Rolda 2 do 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-01-28 19:32:54)

Na segunda rolda obtemos todo tipo de resultados: Dúas vitorias, un empate e unha derrota.

En primeira, o noso equipo empatou co RECATELO CAMPUS LUGO.

Na segunda división, esta vez quen gañou foi o Afeccionados Clubexa e o fixo a domicilio contra o GALLAECIA CONSTRICTOR co resultado de 2.5 a 1.5. Mentres que a Pena Clubexa visitou ao ASCOLA XADREZ SIGRÁS B e saíu derrotado por 2.5  a 1.5.

Por último en terceira, o noso equipo gañou en Betanzos contra o XADREZ BETANZOS B co resultado de 3 a 1.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiros, seguede lendo. 


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook