logo de Clubexa.org

Comeza o novo curso da nosa escola

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-08-26 09:21:40)

 Cambio de horario!! De 11:00 a 13:00 horas

A escola de xadrez do noso club comeza o novo curso o sábado 6 de setembro cun novo horario: de 11:30 a 13:30.

Todos os interesados poden poñerse en contacto con nós, mediante correo electrónico (info@clubexa.org) ou ben chamando ao teléfono 606110622 (Manolo Arias). 




II Torneo Ajedrez de Ortigueira

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-08-06 01:14:50)

Posposto para o 14 de setembro!! 

 

Los días 16 y 17 de agosto se celebrará la segunda edición del Torneo Ajedrez de Ortigueira. Será un suizo a 6 rondas al ritmo de 40'+20'' que tendrá lugar en el Claustro del Concello.  

 

cartel_iiOrtigueira2014

 




Rolda 10 da Liga 2014

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-03-28 10:36:42)

Pese ao empate do equipo de segunda PENA CLUBEXA, foi unha penúltima rolda redonda para o noso club.

En primeira, o CLUBEXA gañou contundentemente na súa visita ao ESCOLA XADREZ SIGRÁS A (0-4). Así, ademais de lograr o seu principal obxectivo que é a permanencia, sitúase na terceira praza do seu grupo cun só partido perdido, o mesmo ca os dous primeiros clasificados.

E en segunda, se ben non se puxeron de acordo no resultado, si o fixeron nos puntos acumulados polo de agora (20.5). Mentres que o AFECCIONADOS CLUBEXA gañou na súa visita ao CABO TOURIÑÁN (0.5-3.5), o PENA CLUBEXA empatou co ESCOLA XADREZ SIGRÁS B. Precisamente, eses 20.5 puntos fan que xa teñan matematicamente asegurada a permanencia. 

Para coñecer os resultados por taboleiros tedes que seguir lendo. 

 


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook