Rolda oitava da Liga 2014
Dous empates, unha vitoria e unha derrota foron os resultados acadados por nosos equipos nesta oitava rolda.
En primeira, o CLUBEXA viaxou a Lugo para enfrontarse ao RECATELO CAMPUS LUGO e obtivo un empate que o acerca ao seu obxectivo principal que é a permanencia.
En segunda, este ano non lles vai moi ben aos nosos equipos. Mentres o AFECCIONADOS CLUBEXA empatou en Ferrol contra o Círculo Ferrolano C, o PENA CLUBEXA saiu derrotado de Malpica na súa visita ao GILLÁN EL PROGRESO por un contundente 3.5 a 0.5.
E en terceira, a ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA segue con paso firme no seu grupo para lograr o ascenso (fáltalle unha rolda para confirmalo). Esta vez a súa vítima foi o AA.VV. O GAITEIRO - SIGRÁS ao que lle endosou un claro 3 a 1.
Se queres coñecer os resultados por taboleiros, segue lendo.
Sétima rolda da Liga 2014
Antes do parón carnavaleiro, os nosos equipos disputaron a sétima rolda, obtendo dúas vitorias e dous empates.
En primeira, o noso equipo CLUBEXA non pasou do empate contra E.L.X. DVORAK 2.0.
En segunda, cada un dos nosos equipos fixo un resultado distinto. Mentres o PENA CLUBEXA gañou convincentemente contra o CABO TOURIÑÁN (3 a 1), o AFECCIONADOS CLUBEXA empatou contra o ALEXANDRE BÓVEDA C.
E en terceira, o ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA, que foi o único que xogou fóra, gañou, unha vez máis, consolidándose no terceiro posto do seu grupo. Esta vez foi pola mínima e contra o ALEXANDRE BÓVEDA D.
Se queredes saber como foron os resultados por taboleiros seguide lendo.
Rolda sexta da Liga 2014
Rolda agridulce para os ExAs.
En primeira, o noso equipo Clubexa, como visitante, gañou pola mínima a Viveiro.
En segunda, os dous equipos reinciden na derrota. O Pena Clubexa perdeu con O Toque Xiria na súa visita a Carballo por un claro 3 a 1. Mentres que o Afeccionados Clubexa saiu derrotado na súa visita ao equipo Artesanos pola mínima.
E, en terceira, o noso equipo gañou ao Smislov Sada por 3 a 1.
Se queredes saber os resultados por taboleiros, seguide lendo.