Campionato Galego de rápidas 2021
Xulio Del Prado Rodríguez (Círculo Chantadino) proclamouse Campión Galego de Rápidas con 8 puntos dos 8 posibles, Pablo Fernández Borrego (Círculo Ferrolano) foi subcampeón e Pablo López Varela (Escola Luguesa) terceiro clasificado. Paula Suarez Gomez ( CX Fontecarmoa ) conseguiu o 25º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
O Círculo Ferrolán de Xadrez campión da Copa de Galicia
O Círculo Ferrolán de Xadrez A proclamouse campión da Copa "Xunta de Galicia" 2021, categoría absoluta. Completaron o podio os equipos Club de Xadrez Rianxo (2) e Club Deportivo Xadrez Ourense Senior A (3). Tamén é destacable a actuación do Club Aroca A que, cun ELO medio de 1870, foi cuarto.
En canto a nós, cabe dicir que tivemos unha actuación discreta: rematamos no posto 17.
Comezamos de novo!!
Xa estamos aquí de novo!!
Nestes tempos tan convulsos, nos que estamos baixo mínimos, lémbrovos este vídeo no que xogan dous membros destacados do noso club. Como podedes comprobar, eran outros tempos onde o concepto de "nova normalidade" non existía.