logo de Clubexa.org

Un clubexero no campionato de España (2)!!

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2021-11-07 19:09:12)

Fernando Casares Ripoll, xogaror de CLUBEXA, logrou un meritorio 13º  posto no XVIII Campionato de Veteranos. Grupo B (+65) 2021 con 6 puntos de 9 posibles (4 victorias, 4 táboas e 1 soa derrota). Incluso puido lograr un resultado mellor se na última partida, que xogou contra o MF Tomás Serra Olives (campión de España de Veteranos no ano 2012), lograse transformar a clara ventaxe que tiña no medio xogo.

Felicidades Fernando!!




Un clubexero no campionato de España !!

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2021-11-03 22:24:20)

 

Fernando Casares Ripoll, xogador de CLUBEXA, está participando no XVIII campionato de España de Veteranos - Grupo B (+65) 2021. Despois da quinta rolda leva 3 puntos (2 victorias, 2 táboas e 1 derrota). Aínda faltan 4 roldas paro o final do torneo e podedes seguir as partidas en directo neste enlace.




XV TORNEO CIDADE DE LUGO

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2021-11-02 00:04:00)

A Escola Luguesa de Xadrez organiza este torneo que terá lugar no P.I.T. Parque Infantil de Tráfico Juan Manuel López Mella, Parque de Frigsa,  os días 12, 13  e 14 de novembro.


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook