Campionato Galego de rápidas 2021
Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2021-05-27 23:16:03)
Xulio Del Prado Rodríguez (Círculo Chantadino) proclamouse Campión Galego de Rápidas con 8 puntos dos 8 posibles, Pablo Fernández Borrego (Círculo Ferrolano) foi subcampeón e Pablo López Varela (Escola Luguesa) terceiro clasificado. Paula Suarez Gomez ( CX Fontecarmoa ) conseguiu o 25º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
En canto á nosa representación: Manolo Arias, Fernando Casares Ripoll e Alejandro Villodas, hai que destacar a actuación de Manolo que partía no ranking inicial de 27 e logrou un meritorio posto 16.
Aquí tedes o enlace a Info64.