Quinta rolda da Liga 2014
Negra rolda para o noso club. Soamente xogaba fóra o equipo de terceira e, sen pasar do empate, fixo máis puntos que os outros tres xuntos. 1,5 puntos de 12 posibles é o que fixeron os nosos equipos locais. Desastrosa 5 rolda para nós.
En primeira, o CLUBEXA, que estaba de segundo na clasificación provisional, recibiu ao CÍRCULO XADREZ CIDADE DE NARÓN, terceiro a 0.5 puntos, e sufriu unha derrota contundente. Soamente fixo medio punto que o relega ao sexto posto.
En segunda, esta vez puxéronse de acordo (pero na derrota). O PENA CLUBEXA perdeu co CÍRCULO FERROLANO C, cun resultado de 1 a 3 e o AFECCIONADOS CLUBEXA non fixo ningún punto contra o CIDU.
E, coma xa se comentou ao principio, o equipo de terceira empatou. Fíxoo na súa visita ao AIR-HOSTESS C.
Se queredes saber quenes fixeron os puntos, seguide lendo.
Cuarta rolda da Liga 2014
Se non fora pola derrota do equipo PENA CLUBEXA, a cuarta rolda sería redonda para nós.
En primeira, na súa visita ao equipo de ARTEIXO, o CLUBEXA gañou 3.5 a 0.5.
En segunda, seguen alternando resultados, O AFECCIONADOS CLUBEXA visitou o CÍRCULO FERROLANO E e lle endosaron un 4 a 0, mentres que o PENA CLUBEXA visitou ALEXANDRE BÓVEDA C e perdeu 1.5 a 2.5.
E en terceira, a ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA, o único que xogou como local, gañou 3.5 a 0.5 contra o XADREZ BETANZOS B.
A continuación, os resultados por taboleiros.
Terceira rolda da liga 2014
Rolda discreta para o noso club: Unha victoria, unha derrota e dous empates.
En primeira, o noso equipo CLUBEXA empatou co ALEXANDRE BÓVEDA B.
En segunda, os dous equipos non se poñen de acordo: Clara victoria do PENA CLUBEXA sobre ARTESANOS por 3.5 a 0.5 mentres o AFECCIONADOS CLUBEXA perdeu na súa visita ao XADREZ BETANZOS A por 3 a 1.
E, en terceira, o noso equipo ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA empatou na súa visita ao SAFA B.
Se seguides lendo, tedes os resultados por taboleiros.