Diego Bugliot Mateo gañou o campionato Sub-14
O noso xogador Diego Bugliot Mateo gañou o Campionato Provincial Sub-14 cun resultado moi convincente: 7 de 7. Sacoulles 1.5 puntos ao segundo e ao terceiro clasificados, que foron, respectivamente, Miguel Recuna Aranda e Alfonso López Gónzalez.
A clasificación final a tedes neste enlace.
Campionato Provincial Sub-14
Diego Bugliot Mateo (xogador ExA) vai primeiro, con 5 de 5 puntos, no Campionato Provincial Sub-14 que se está a facer na Casa do Xadrez no Cantón de Molins (Ferrol). O día 13 deste mes xogáronse 5 roldas nas que o noso xogador xa se enfrontou ao 1º, 3º, 4º e 5º do ranking facendo pleno.
O próximo domingo, día 20, xogará as roldas que faltan para rematar o torneo. Esperemos que teña toda a sorte do mundo.
Rolda primeira da liga por equipos 2013

O noso primeiro equipo gañou o seu encontro con XADREZ NEMENZO por 3 a 1.
En segunda houbo unha loita fraticida entre os nosos dous equipos e EXAS AFICIONADOS fixo valer a súa condición de favorito e gañou por 3 a 1 a PEÑA AJEDRECISTA EXA.
En terceira o noso equipo da Escola gañou a domicilio por un contundente 4 a 0 a POKERYAJEDREZ.COM ARTEIXO "C".