logo de Clubexa.org

Cuarta rolda da liga por equipos 2013

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-02-13 14:19:19)

Xusto antes do parón carnavaleiro, na cuarta rolda, a actuación dos equipos ExAs non foi moi boa.

Soamente gañou o equipo de primeira que está abonado ao 3  a 1. Esta vez, a vítima foi o equipo Algalia de Abaixo.

En segunda, os ExAs aficionados non pasaron do empate co Alexandre Bóveda C, mentres que a Peña Exa perdeu pola mínima coa Escola Xadrez Sigrás B.

Os de terceira seguen coa mala racha e tamén perderon pola mínima co Alexandre Bóveda D




Terceira rolda da Liga por equipos 2013

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-01-31 12:44:46)

O equipo de primeira segue coa boa racha,  viaxou ao Grove e gañou ao Breogán A por 3 a 1.

Na casa, os dous equipos de segunda, ExAs Aficionados e Peña ExA recibiron ao CIDU-Universidade e ao Alexandre Bóveda C respectivamente. O primeiro gañou 2.5 a 1.5 e o segundo empatou.

En canto ao equipo de terceira, Escuela ExA, primeiro tropezo: perdeu contra Air-Hostess A por 3 a 1. 




Segunda rolda da liga por equipos 2013

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-01-22 14:44:25)

Boa rolda para os equipos ExAs:

 Na casa gañaron os equipos de primeira e terceira, respectivamente, a  DISTRIBUNOSA - XADREZ RIANXO e a AA.VV. SIGRÁS  por idéntico resultado: 3 a 1.

Os equipos de segunda, ExAs Aficionados E a Peña ExA que xogaban fora, non podían ser menos, e fixeron os dous tamén o mesmo resultado. Esta vez gañaron por 2.5 a 1.5 a  ARTESANOS "A"  e  a CIDU - UNIVERSIDADE.

Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook