logo de Clubexa.org

Inicio da escola CLUBEXA no 2021

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2021-07-10 15:27:35)

 

O sábado 4 de setembro comeza de novo a actividade da nosa escola. O seu horario será de 11:00 a 13:00 horas.

Os que estean interesados, poden mandarnos un correo a info@clubexa.org ou poden poñerse en contacto directamente co noso director deportivo Manolo Arias (606110622).




Comezamos de novo!!

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2021-04-23 20:54:00)

 

Xa estamos aquí de novo!!

Nestes tempos tan convulsos, nos que estamos baixo mínimos, lémbrovos este vídeo no que xogan dous membros destacados do noso club. Como podedes comprobar, eran outros tempos onde o concepto de "nova normalidade" non existía.

 




Copa "XUNTA DE GALICIA" 2021

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2021-04-22 00:28:28)

O domingo 25 de abril celébrase a copa "XUNTA DE GALICIA" de clubs, categoría absoluta 2021, no hotel Scala de Padrón.

Aquí tedes as bases da Copa Xunta de Galicia

Nós participamos co seguinte equipo:

Orde Apelido e Nome Xogador/a Codigo Fide
1 ROJAS SERRA ALEXANDER 2222
2 CASARES RIPOLL FERNANDO 2098
3 POUSADA GARCÍA DANIEL 1901
4 ARIAS RODRÍGUEZ MANOLO 1878
5 BUGLIOT MATEO DIEGO 1779
6 GONZÁLEZ PRIDA JOSÉ MARÍA 1689
7 VILLODAS VÁZQUEZ ALEJANDRO 1598




Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook