Un clubexero no campionato de España (2)!!
Fernando Casares Ripoll, xogaror de CLUBEXA, logrou un meritorio 13º posto no XVIII Campionato de Veteranos. Grupo B (+65) 2021 con 6 puntos de 9 posibles (4 victorias, 4 táboas e 1 soa derrota). Incluso puido lograr un resultado mellor se na última partida, que xogou contra o MF Tomás Serra Olives (campión de España de Veteranos no ano 2012), lograse transformar a clara ventaxe que tiña no medio xogo.
Felicidades Fernando!!
Un clubexero no campionato de España !!
Fernando Casares Ripoll, xogador de CLUBEXA, está participando no XVIII campionato de España de Veteranos - Grupo B (+65) 2021. Despois da quinta rolda leva 3 puntos (2 victorias, 2 táboas e 1 derrota). Aínda faltan 4 roldas paro o final do torneo e podedes seguir as partidas en directo neste enlace.
Inicio da escola CLUBEXA no 2021
O sábado 4 de setembro comeza de novo a actividade da nosa escola. O seu horario será de 11:00 a 13:00 horas.
Os que estean interesados, poden mandarnos un correo a info@clubexa.org ou poden poñerse en contacto directamente co noso director deportivo Manolo Arias (606110622).