Suspendida a primeira rolda da Liga
Debido á previsión do tempo recibida por parte da AEMET e ás recomendacións da DXT, a FEGAXA suspende a primeira rolda da liga 2026 prevista para mañá sábado. Máis adiante fixarase unha nova data para ela.
Cambio no calendario de Preferente
A FEGAXA acaba de comunicarnos a baixa do equipo Club Xadrez Oroso que pertencía ao grupo A de Preferente.
E como o grupo e o calendario xa estaban confeccionados, descánsase (BYE) o día que tocaría xogar con eles. Ademais, soamente descende 1 equipo no grupo A de Preferente.
Aquí tedes como queda o calendario de Preferente - grupo A
Calendarios da liga 2026 e composición dos grupos
Xa están publicados os calendarios dos diferentes grupos e categorías da Liga de Xadrez por Equipos 2026. Podedes velos no enlace XEFEGA da páxina da FEGAXA.
Con aterioridade, concretamente o 29/12/2025, publicouse a composición definitiva dos grupos para a tempada 2026. Neste
tedes toda a información ao respecto.
Os calendarios dos nosos equipos podedes velos clicando en "Ler máis ..."

