Segunda rolda da liga por equipos 2013
Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-01-22 14:44:25)
Boa rolda para os equipos ExAs:
Na casa gañaron os equipos de primeira e terceira, respectivamente, a DISTRIBUNOSA - XADREZ RIANXO e a AA.VV. SIGRÁS por idéntico resultado: 3 a 1.
Os equipos de segunda, ExAs Aficionados E a Peña ExA que xogaban fora, non podían ser menos, e fixeron os dous tamén o mesmo resultado. Esta vez gañaron por 2.5 a 1.5 a ARTESANOS "A" e a CIDU - UNIVERSIDADE.Rolda primeira da liga por equipos 2013
Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-01-15 14:23:34)
Comezou a liga por equipos 2013 e os resultados dos equipos ExAs foron os seguintes:O noso primeiro equipo gañou o seu encontro con XADREZ NEMENZO por 3 a 1.
En segunda houbo unha loita fraticida entre os nosos dous equipos e EXAS AFICIONADOS fixo valer a súa condición de favorito e gañou por 3 a 1 a PEÑA AJEDRECISTA EXA.
En terceira o noso equipo da Escola gañou a domicilio por un contundente 4 a 0 a POKERYAJEDREZ.COM ARTEIXO "C".
Para coñecer os resultados por taboleiros picade en "leer más...".
3ª rolda da Liga por equipos 2012
Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2012-02-03 10:46:05)
Cunha velocidade de cruceiro os nosos equipos seguen sucando as augas mansas da liga 2012. De feito ocupamos postos de privilexio en todas as clasificacións: Terceiros no grupo 1A a un só punto do primeiro posto e por debaixo dos dous principais candidatos a ascender. No 2B, os dous equipos do noso club ocupan o segundo e terceiro posto rivalizando entre eles polo ascenso e, por agora, igualados a puntos. E no 3B, ocupamos o segundo posto que da dereito ao ascenso de categoría.
En canto aos resultado desta 3ª rolda, o nos primeiro equipo venceu convincentemente ao SAFA A por un 3 a 1, sen perder partida. Na segunda división, grupo B, os Aficionados ExAs gañaron a domicilio ao E.L.X. Xaquedrum Absoluta polo apretado resultado de 2,5 a 1.5. Mentras os da Peña foron máis contundentes no domicilio da Escola Xadrez Sigrás B cedendo soamente medio punto. E, por último o noso equipo da 3B gañou a Escuela Ajedrez Artesanos B co resultado de 3 a 1.



