logo de Clubexa.org

Ampliación das clases de Xadrez

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-10-26 20:24:52)


Amplíanse as clases de Xadrez impartidas por Manolo Arias:

  1. a parte das dos venres á tarde, faranse tamén os sábados de 11:00 a 13:30 horas, 

  2. no Salón de Actos do Club del Mar, 

  3. comezando o 31 de outubro e

  4. rematando o 27 de xuño de 2027.




A Escola de Xadrez CLUBEXA comeza a nova tempada o 11 de setembro

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-08-27 09:38:31)


As clases e adestramentos para a tempada 2027 comezarán o venres 11 de setembro, de 17:00 a 21:00 horas, no Club del Mar de San Amaro.

Os que estean interesados, poden mandarnos un correo a info@clubexa.org, poden poñerse en contacto directamente co noso director deportivo Manolo Arias (606110622) ou a través desta páxina web do Club del Mar.




Promoción á División de Honra: Non puido ser!

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-04-29 11:16:36)


O 25 xogouse o encontro de volta da promoción á División de Honra e, despois do mal resultado no encontro de ida, o noso primeiro equipo gañou ao C.X. RIANXO por un 3,5 a 2,5. Resultado que foi insuficiente para consumar a remontada. Ao final o computo global foi CX RIANXO 6,5 – CLUBEXA A 5,5. Soamente queda felicitar ao rival polo seu ascenso.

De tódalas maneiras gran actuación do noso equipo nesta liga 2026 que quedou en segundo lugar do seu grupo e, incluso, acariciou o ascenso.

En canto ao resto dos nosos equipos na rolda 11 e derradeira foi a seguinte:

Na Primeira División o CLUBEXA B gañoulle ao ESCOLA XADREZ SIGRÁS - CAMBRE B por 3 a 1. Logrou manter a terceira praza do seu grupo A, completando unha boa liga 2026. Unicamente perdeu o encontro co TDFC que quedou, ademais de invicto, campión do grupo. Felicidades ao TDC polo seu ascenso.

En Segunda División o noso equipo logrou un resultado de 3 a 1 na súa visita ao CIDU INCUDE, logrando un discreto oitavo posto no seu grupo.

ACLAD Coruña
Club del Mar de San Amaro

Estamos en Facebook Estamos en instagram