logo de Clubexa.org

Rolda 3 da liga 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-02-20 11:08:16)

Mala rolda 3 para os equipos ExAs.

En primeira, lograron un meritorio empate contra Bazán A.

En segunda, e xogando na casa, os Afeccionados Clubexa non pasaron do empate contra o Escola Sigrás B mentres que a Pena Clubexa perdeu por 3 a 1 contra o PokeryAjedrez.com Arteixo B.

Os de terceira tocoulles descanar nesta rolda.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiros, seguide lendo. 




Rolda 2 do 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-01-28 19:32:54)

Na segunda rolda obtemos todo tipo de resultados: Dúas vitorias, un empate e unha derrota.

En primeira, o noso equipo empatou co RECATELO CAMPUS LUGO.

Na segunda división, esta vez quen gañou foi o Afeccionados Clubexa e o fixo a domicilio contra o GALLAECIA CONSTRICTOR co resultado de 2.5 a 1.5. Mentres que a Pena Clubexa visitou ao ASCOLA XADREZ SIGRÁS B e saíu derrotado por 2.5  a 1.5.

Por último en terceira, o noso equipo gañou en Betanzos contra o XADREZ BETANZOS B co resultado de 3 a 1.

Se queredes coñecer os resultados por taboleiros, seguede lendo. 




Rolda 1 da tempada 2015

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2015-01-13 09:47:14)

Desigual comezo dos equipos ExAs nesta nova tempada. Dous equipos gañaron por 3.5 a 0.5 e os outros dous perderon polo mesmo resultado.

En primeira o nos equipo desprazouse a Malpica onde derrotou ao equipo recen ascendido Gillán - El Progreso cedendo únicamente medio punto.

En segunda, loita fraticida entre os dous equipos do club, onde o teoricamente máis frouxo gañou contundentemente.

Por último en terceira, o noso equipo recibiu a visita do novo equipo Club de Ajedrez Macando e soamente conseguiu unhas táboas.

Se queredes coñecer como foron os resultados por taboleiros seguide lendo 

 


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na tempada 2020 da Liga Galega por equipos de xadrez


Estamos en Facebook