logo de Clubexa.org

Torneo de rápidas e cea fin de temporada 2025

fotoAutor
Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2025-12-23 16:53:21)

O venres 19 celebramos un torneo de rápidas e unha cea posterior para rematar a temporada 2025.

Tanto o torneo como a cea tiveron lugar no Club del Mar de San Amaro que será a nosa nova sede para a liga 2026.

Tomás Bodelón foi o gañador do torneo, completando os postos de honra Alfredo de la Fuente, segundo, e Diego Fernández, terceiro.

 

O torneo tivo dúas fases:

  1. A primeira foi un suízo de 6 roldas, cun ritmo de 5'+3". Nesta fase quedou de primeiro Alfredo de la Fuente. Neste enlace  tedes a clasificación final desta fase e os emparellamentos das súas 6 roldas.

  2. A segunda foi unha dobre eliminatoria, semifinal e final, a partida única na que se enfrontan o primeiro co cuarto, o segundo co terceiro , e os gañadores e perdedores enfróntanse o entre si na final para dirimir o gañador, o segundo e terceiro posto. Os 4 seguintes do suízo xogan igualmente polos postos 5-8, e así sucesivamente. Estas eliminatorias tiveron as seguintes particularidades:

      • O mellor clasificado na fase anterior elixe o color.

      • O ritmo de xogo foi 5'+3" para o xogador das brancas e 4'+3" para o das negras.

      • Ao xogador das negras válelle o empate para levarse a eliminatoria. 

E que pasou nesta segunda fase nos primeiros postos?

Pois, nas semifinais, o primeiro, Alfredo, elixindo negras, enfrontouse a Fustes e, despois dunhas táboas, clasificouse para a final.

Tomás, elixindo negras, enfrontouse a Diego e gañou, pasando tamén á final.

Na final, Alfredo elixiu as negras e perdeu con Tomás quen, así, gañou o torneo.

En canto ao outro encontro, Diego elixiu as negras e lle gañou a Fustes, quedando en terceiro posto.

Despois do torneo celebramos unha cea para despedir a temporada 2025.

Aquí tedes unha mostra gráfica dos dous acontecementos.

 

Felices Festas !!!

 


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña
Club del Mar de San Amaro

Estamos en Facebook