logo de Clubexa.org

Rolda 2 da Liga 2026 e variedade de resultados

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-02-01 13:38:13)

Despois dos problemas climatolóxicos que impediron comezar a liga na data prevista, o 24 de xaneiro, fixémolo na segunda rolda, xogada o último día do primeiro mes, con variedade de resultados:

  • O equipo de preferente CLUBEXA A descansou pola renuncia do equipo CLUB XADREZ OROSO.

  • O equipo de primeira, xogando como local, obtivo un bo empate ante MIRKO A.

  • O equipo de segunda ESCOLA XADREZ CLUBEXA A visitou ao TDFC SIN QUERER e perdeu pola mínima (1.5 a 2.5).

  • O equipo de terceira ESCOLA XADREA CLUBEXA B - CLUB DEL MAR, xogando como local, obtivo unha contundente vitoria (4 a 0) ante o CORUÑA CLUB DE AJEDREZ B.




Suspendida a primeira rolda da Liga

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-01-23 18:17:20)


Debido á previsión do tempo recibida por parte da AEMET e ás recomendacións da DXT, a FEGAXA suspende a primeira rolda da liga 2026 prevista para mañá sábado. Máis adiante fixarase unha nova data para ela.




Cambio no calendario de Preferente

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-01-16 10:29:43)


A FEGAXA acaba de comunicarnos a baixa do equipo Club Xadrez Oroso que pertencía ao grupo A de Preferente.

E como  o grupo e o calendario xa estaban confeccionados, descánsase (BYE) o día que  tocaría xogar con eles. Ademais, soamente descende 1 equipo no grupo A de Preferente.

Aquí tedes como queda o calendario de Preferente - grupo A

ACLAD Coruña
Club del Mar de San Amaro

Estamos en Facebook