logo de Clubexa.org

XV TORNEO CIDADE DE LUGO

fotoAutor
Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2021-11-02 00:04:00)

A Escola Luguesa de Xadrez organiza este torneo que terá lugar no P.I.T. Parque Infantil de Tráfico Juan Manuel López Mella, Parque de Frigsa,  os días 12, 13  e 14 de novembro.

 

 

 

BASES DO TORNEO
 

DATA 12,13 e 14 de novembro
LOCAL DE XOGO P.I.T. Parque Infantil de Tráfico Juan Manuel López Mella, Parque de Frigsa.
CATEGORÍA: Absoluta
RITMO DE XOGO: 90’ + 30” por xogada valedoiro para ELO FIDE
HORARIO DE XOGO:
Rolda Data Horario

1 12 de novembro 17:00 horas
2 13 de novembro 10:00 horas
3 13 de novembro 16:00 horas
4 14 de novembro 10:00 horas
5 14 de novembro 16:00 horas
Clausura ás 20:00 horas se non chove. En caso de choiva, a entrega de trofeos e premios farase de forma individual, e só aos premiados.
CARACTERÍSTICAS DO TORNEO:
1. Sistema de xogo: Suizo a cinco roldas.
2. Nº de participantes: Prazas limitadas.
3. Desempates: Os desempates serán os seguintes.
1- Desempates: Os seguintes desempates


*Bucholz Brasileiro (quitando o peor rival)
*Bucholz Total
*Maior número de victorias.
*Progresivo.
2-En caso de persistir o empate, o desempate será por sorteo.

 

4. Inscrición: no email escolaluguesaxadrez@gmail.com o no WhatsApp 657/ 974937.
5. Prezo inscrición: Inscricións 15€.
6. Data límite de inscrición: 10 de novembro ás 20 horas. Prazas limitadas 7. Entrega de premios: O 14 de novembro ás 20:00 horas.
8. Organización: Escola Luguesa de Xadrez.
9. Tempo de demora: 1 hora.
10. Os xogadores e xogadoras, poderán pedir como máximo tres byes de medio punto ata a terceira rolda incluída.
Nota: Os participantes no torneo, comproméntese a cumprir a normas Covid 19 e serán expulsados do torneo os que non cumpran dichas normas e autorizan a publicación de fotos, vídeos e dos seus datos persoais (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc) nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento.
A inscrición no torneo leva aparellada a aceptación deste regulamento.
A organización resérvase o dereito de admisión.
A Organización resérvase o dereito a modificar as bases do XV Torneo Cidade de Lugo sen outra obrigación que a de publicalas na páxina web do torneo. Os premios non poderán ser modificados. En caso que a situación sanitaria empeore, a organización podería cancelar a organización do evento, e avisaría directamente aos xogadores e xogadoras rexistrados e na páxina de facebook de xaquedrum.

 

PREMIOS:
Os premios repartiranse por rigorosa orde de clasificación, e non son acumulables. Os premiados teñen que estar na entrega de premios o perden o dereito ao mesmo.
No caso de ter dereito a dous, levará o de máis contía e de ter o mesmo valor o do escalón máis alto, excepto ao mellor xogador da escola que acumularase. Faranse as retencións legais sobre os premios publicados.
Xeral
1º 200
2º 180
3º 150
4ª 120
5º 100
Sub 1900
1º 100
2ª 50
Sub 1800
1º 100
Sub 1700
1º 100
Mellor Escola
1º 100
Todos os participantes menores de 16 anos terán medallas.


Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2022 da Liga Galega por equipos de xadrez e na Copa Galicia

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook