O Círculo Ferrolán de Xadrez campión da Copa de Galicia
O Círculo Ferrolán de Xadrez A proclamouse campión da Copa "Xunta de Galicia" 2021, categoría absoluta. Completaron o podio os equipos Club de Xadrez Rianxo (2) e Club Deportivo Xadrez Ourense Senior A (3). Tamén é destacable a actuación do Club Aroca A que, cun ELO medio de 1870, foi cuarto.
En canto a nós, cabe dicir que tivemos unha actuación discreta: rematamos no posto 17.
Comezamos de novo!!
Xa estamos aquí de novo!!
Nestes tempos tan convulsos, nos que estamos baixo mínimos, lémbrovos este vídeo no que xogan dous membros destacados do noso club. Como podedes comprobar, eran outros tempos onde o concepto de "nova normalidade" non existía.
Copa "XUNTA DE GALICIA" 2021
O domingo 25 de abril celébrase a copa "XUNTA DE GALICIA" de clubs, categoría absoluta 2021, no hotel Scala de Padrón.
Aquí tedes as bases da Copa Xunta de Galicia
Nós participamos co seguinte equipo:
Orde | Apelido e Nome Xogador/a | Codigo Fide |
1 | ROJAS SERRA ALEXANDER | 2222 |
2 | CASARES RIPOLL FERNANDO | 2098 |
3 | POUSADA GARCÍA DANIEL | 1901 |
4 | ARIAS RODRÍGUEZ MANOLO | 1878 |
5 | BUGLIOT MATEO DIEGO | 1779 |
6 | GONZÁLEZ PRIDA JOSÉ MARÍA | 1689 |
7 | VILLODAS VÁZQUEZ ALEJANDRO | 1598 |