Rolda 7: Mal como visitantes e regular como locais
Na rolda 7, perderon 3 dos nosos 4 equipos. Soamente o de primeira gañou como local.
Concretando por equipos, a cousa pintou así:
O equipo de preferente viaxou a Lugo e perdeu por 4 a 2 co RECATELO CAMPUS TERRA.
O equipo de primeira recibiu ao GRUPO BAZÁN A, que compareceu cun xogador menos, e gañou por 2,5 a 0,5. Segue invicto con 3 vitorias e 3 empates.
O equipo de segunda xogou, como visitante, co XDM – HÉRCULES e perdeu de maneira contundente (0 a 4), situándose en postos de descenso.
O equipo de terceira recibiu ao XIRIA A’XAMONERIA CARBALLO C e perdeu pola mínima (1,5 a 2,5).
Rolda 6: Mal como locais e ben como visitante
Na rolda 6, na que descansou o de terceira, os nosos equipos seguiron unha pauta: mal como locais, perdendo claramente, e ben como visitante, gañando folgadamente:
O equipo de preferente, xogando como local, perdeu por 4 a 2 co NARONTEC C.X.N..
O equipo de primeira viaxou de novo a Ferrol e gañou por 3 a 1 co NARONTEC C.X.N B, seguindo invicto esta tempada.
O equipo de segunda recibiu a CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA, perdendo por 3 a 1.
Rolda 5: seguimos coa variedade de resultados

Na rolda 5 máis do mesmo, unha vitoria, dous empates e unha derrota:
O equipo de preferente, xogando como local, perdeu pola mínima (2,5 a 3,5) co BÓVEDA – MIRKO que é líder provisional no grupo A.
O equipo de primeira viaxou a Ferrol e logrou un empate co EFX CAPABLANCA. Das catro roldas xogadas, repetiu este resultado 3 veces, gañando soamente unha. Eso si, polo de agora non coñece a derrota.
O equipo de segunda recibiu a ESCOLA TÉCNICA DE AJEDREZ DE CORUÑA B, empatando o encontro.
O equipo de terceira, líder provisional no grupo B, visitou ao equipo CORUÑA CLUB DE AJEDREZ A, gañando cun contundente resultado: 3,5 a 0,5.



