Campionatos Galegos ENTROIDO 2013 (SUB-14 E SUB-18)
Onte remataron os Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18 proclamándose campión galego Sub-14 o xogador da Casa da Xuventude de Ourense Ángel Domínguez Fernández, campiona galega Sub-14 Mireya Represa Pérez do Xadrez Laroca de Nigrán. E na categoría Sub-18 o xogador do Xadrez Ourense David Gómez Diéguez proclamouse Campión Galego e como campiona Galega Inés Prado Acebo do Círculo Ferrolano.
O noso representante no Sub-14, Diego Bugliot Mateo quedou no posto 13 de 39.
Para ver tódalas estatísiticas do Sub-14 picade neste enlace: http://chess-results.com/tnr91757.aspx?lan=2
Cuarta rolda da liga por equipos 2013
Xusto antes do parón carnavaleiro, na cuarta rolda, a actuación dos equipos ExAs non foi moi boa.
Soamente gañou o equipo de primeira que está abonado ao 3 a 1. Esta vez, a vítima foi o equipo Algalia de Abaixo.
En segunda, os ExAs aficionados non pasaron do empate co Alexandre Bóveda C, mentres que a Peña Exa perdeu pola mínima coa Escola Xadrez Sigrás B.
Os de terceira seguen coa mala racha e tamén perderon pola mínima co Alexandre Bóveda D
Terceira rolda da Liga por equipos 2013
O equipo de primeira segue coa boa racha, viaxou ao Grove e gañou ao Breogán A por 3 a 1.
Na casa, os dous equipos de segunda, ExAs Aficionados e Peña ExA recibiron ao CIDU-Universidade e ao Alexandre Bóveda C respectivamente. O primeiro gañou 2.5 a 1.5 e o segundo empatou.
En canto ao equipo de terceira, Escuela ExA, primeiro tropezo: perdeu contra Air-Hostess A por 3 a 1.

