logo de Clubexa.org

Segunda rolda da liga por equipos 2013

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-01-22 14:44:25)

Boa rolda para os equipos ExAs:

 Na casa gañaron os equipos de primeira e terceira, respectivamente, a  DISTRIBUNOSA - XADREZ RIANXO e a AA.VV. SIGRÁS  por idéntico resultado: 3 a 1.

Os equipos de segunda, ExAs Aficionados E a Peña ExA que xogaban fora, non podían ser menos, e fixeron os dous tamén o mesmo resultado. Esta vez gañaron por 2.5 a 1.5 a  ARTESANOS "A"  e  a CIDU - UNIVERSIDADE.



Diego Bugliot Mateo gañou o campionato Sub-14

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-01-21 23:27:44)

Diego Bugliot Mateo campeón provincial Sub14

O noso xogador Diego Bugliot Mateo gañou o Campionato Provincial Sub-14 cun resultado moi convincente: 7 de 7. Sacoulles 1.5 puntos ao segundo e ao terceiro clasificados, que foron, respectivamente, Miguel Recuna Aranda e Alfonso López Gónzalez.

A clasificación final a tedes neste enlace




Campionato Provincial Sub-14

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2013-01-16 13:50:25)

Diego Bugliot Mateo (xogador ExA) vai primeiro, con 5 de 5 puntos, no Campionato Provincial Sub-14 que se está a facer na Casa do Xadrez no Cantón de Molins (Ferrol). O día 13 deste mes xogáronse 5 roldas nas que o noso xogador xa se enfrontou ao 1º, 3º, 4º e 5º do ranking facendo pleno.

O próximo domingo, día 20, xogará as roldas que faltan para rematar o torneo. Esperemos que teña toda a sorte do mundo. 





Concello da Coruña

O Concello da Coruña subvencionou a participación de CLUBEXA na temporada 2020 da Liga Galega por equipos de xadrez

ACLAD Coruña

Estamos en Facebook