logo de Clubexa.org

Quinta rolda da Liga 2014

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-02-14 10:11:50)

Negra rolda para o noso club. Soamente xogaba fóra o equipo de terceira e, sen pasar do empate, fixo máis puntos que os outros tres xuntos. 1,5 puntos de 12 posibles é o que fixeron os nosos equipos locais. Desastrosa 5 rolda para nós.

En primeira, o CLUBEXA, que estaba de segundo na clasificación provisional, recibiu ao CÍRCULO XADREZ CIDADE DE NARÓN, terceiro a 0.5 puntos, e sufriu unha derrota contundente. Soamente fixo medio punto que o relega ao sexto posto.

En segunda, esta vez puxéronse de acordo (pero na derrota). O PENA CLUBEXA perdeu co CÍRCULO FERROLANO C, cun resultado de 1 a 3 e o AFECCIONADOS CLUBEXA non fixo ningún punto contra o CIDU.

E, coma xa se comentou ao principio, o equipo de terceira empatou. Fíxoo na súa visita ao AIR-HOSTESS C.

Se queredes saber quenes fixeron os puntos, seguide lendo. 




Cuarta rolda da Liga 2014

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-02-07 10:50:27)

Se non fora pola derrota do equipo PENA CLUBEXA, a cuarta rolda sería redonda para nós.

En primeira, na súa visita ao equipo de ARTEIXO, o CLUBEXA gañou 3.5 a 0.5.

En segunda, seguen alternando resultados,  O AFECCIONADOS CLUBEXA visitou o CÍRCULO FERROLANO E e lle endosaron un 4 a 0, mentres que o PENA CLUBEXA visitou  ALEXANDRE BÓVEDA C  e perdeu 1.5 a 2.5.

E en terceira, a ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA, o único que xogou como local, gañou 3.5 a 0.5 contra o XADREZ  BETANZOS B.

A continuación, os resultados por taboleiros. 




Terceira rolda da liga 2014

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2014-01-29 09:37:13)

Rolda discreta para o noso club: Unha victoria, unha derrota e dous empates.

En primeira, o noso equipo CLUBEXA empatou co ALEXANDRE BÓVEDA B.

En segunda, os dous equipos non se poñen de acordo: Clara victoria do PENA CLUBEXA sobre ARTESANOS por 3.5 a 0.5 mentres o AFECCIONADOS CLUBEXA perdeu na súa visita ao XADREZ BETANZOS A por  3 a 1.

E, en terceira, o noso equipo ESCOLA DE XADREZ CLUBEXA empatou na súa visita ao SAFA B.

Se seguides lendo, tedes os resultados por taboleiros. 

 

ACLAD Coruña
Club del Mar de San Amaro

Estamos en Facebook