Rolda 7 da liga por equipos 2013
Se non fose por un resultado en segunda, poderíase considerar unha moi boa rolda para os ExAs.
En primeira, o noso equipo gañou pola mínima (2.5 - 1.5) ao USC Xuvenil en Santiago. Eso si, sen perder partida.
En segunda, mentres que os ExAs Aficionados perderon co último clasificado, Xadrez Irindo, pola mínima (1.5 - 2.5), os da Peña ExA, por fin, obtiveron un bo resultado (3 - 1, sen perder partida) contra o segundo clasificado, o sempre competitivo equipo Gillán - El Progreso A.
E en terceira, segue a marcha triunfal do noso equipo da Escola. Esta vez a vítima do 4 - 0 foi a Escola Xadrez Sigrás C.
6 rolda da Liga por equipos 2013
Nesta 6ª rolda cambiaron un pouco as cousas:
En primeira, o noso equipo voltou á senda da victoria co seu resultado máis repetido: 3 a 1. Esta vez a vítima foi Xadrez Gallaecia.
En segunda, os nosos equipos non pasaron do empate. Eso sí, ExAs Aficionados o fixeron co primeiro clasificado, PokeryAjedrez.com Arteixo B, mentres que a Peña ExA o fixo co último, Xadrez Irindo.
En terceira, a nosa Escola de Xadrez, como o equipo de primeira, voltou tamén a gañar, pero con mellor resultado: 4 a 0 contra Xadrez Carral.
5 rolda da liga por equipos 2013
Mala 5ª rolda para os equipos ExAs: dous empates e dúas derrotas polo mesmo resultado, 3 a 1.
En primeira o noso equipo sufriu a primeira derrota: foi contra o equipo Marquiño na Pobra do Caramiñal. Mentres en segunda, a Peña ExA perdeu por 3 a 1 contra PokeryAjedrez.com Arteixo B e os ExAs Aficionados non pasaron do empate contra a Escola Xadrez Sigrás B.
E, por último, o noso equipo de terceira, a Escola ExA, empatou a domicilio contra Air-Hostess C.