logo de Clubexa.org

Promoción á División de Honra !!

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-04-14 15:44:16)

O noso primeiro equipo, coa súa clara vitoria contra E.L.X. FERNANDO ALONSO por 4 a 2 na 9 e derradeira rolda da liga 2026, logrou a segunda praza do grupo A da División Preferente. Isto lle da dereito a xogar a promoción á División de Honra contra C.X. RIANXO que foi segundo no grupo B. Os encontros levaranse a cabo o 18 de abril, no noso local, e o 25 en Rianxo.

En Primeira, o noso equipo gañoulle a XADREZ DAS MARIÑAS pola mínima (2,5 a 1,5) e subiu ao terceiro posto do grupo A, eso si, empatado a puntos co cuarto clasificado CXB LUGAMI.

En segunda , a ESCOLA XADREZ CLUBEXA A, viaxou a Malpica e perdeu co GILLÁN – EL PROGRESO por 2,5 a 1,5, situándose na parte morna da táboa (sétimo posto).

En terceira, nesta nove e derradeira rolda, a ESCOLA XADREZ CLUBEXA B – CLUB DEL MAR, xogando como local, logrou unha clara vitoria por 3 a 1 contra GALICHESS ARTEIXO B, situándose no terceiro posto a medio punto do segundo que lle daría dereito ao ascenso de categoría 




Rolda 8: Dous equipos moi ben e dous mal

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-03-23 12:26:45)


Nesta rolda 8, antes do descanso de Semana Santa, fixémolo moi ben como locais pero mal como visitantes.

Concretando por equipos, os encontros desenvolvéronse da seguinte maneira:

  • O equipo de preferente recibiu ao CÍRCULO FERROLANO B e soamente cederon un empate (5,5 a 0,5). Con esta vitoria sitúanse no terceiro posto do seu grupo (24 puntos), a un só punto do segundo que descansa na última rolda. Aínda que xoga co pechacancelas do grupo A (que loitará por saír do descenso), ten posibilidades de quedar segundo. Isto lle daría a posibilidade de xogar a promoción á División de Honra.

  • O equipo de primeira visitou ao TDFC e obtivo a primeira derrota da tempada por un claro 3 a 1. Isto, unido á contundente vitoria de MIRKO A na súa visita ao GRUPO SALVAJE (3,5 a 0,5), desfai o triplo empate que había na cabeza da táboa. MIRKO A (que soamente cedeu medio punto nos tres últimos encontros) sitúase primeiro con 21 puntos, TDFC mantén o segundo posto con 20,5 puntos e o noso equipo baixa ao cuarto posto con 18,5 puntos (no terceiro sitúase CXB LUGAMI con 19 puntos).

  • O equipo de segunda xogou como local co GILLANCIÑOS e gañou cun contundente 4 a 0, afastándose un pouco máis dos postos de descenso.

  • O equipo de terceira xogou como visitante contra o CORUÑA CLUB DE AJEDREZ C e perdeu claramente por 3 a 1. Aínda así, na última rolda, ten a posibilidade de lograr o segundo posto que da dereito ao ascenso á segunda división.




Rolda 1: Bos resultados

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-03-20 19:08:30)


Na Rolda 1, aprazada para o día do Pai (19 de marzo), tivemos pleno de vitorias. Sería un bo comezo se non fose porque se xogou entre a sétima e oitava.


Os encontros desenvolvéronse da seguinte maneira:

  • O equipo de preferente recibiu ao ESCOLA XADREZ SIGRÁS – CAMBRE A ao que lle gañou cun contundente resultado: 4,5 a 1,5

  • O equipo de primeira visitou ao GRUPO SALVAJE ao que lle gañou folgadamente por 3,5 a 0,5, alcanzando o primeiro lugar. Aínda que hai un triplo empate a 17,5 puntos co TDFC, segundo, e o MIRKO A, terceiro. Ademais, para máis emoción neste grupo A, na seguinte rolda (a oitava) hai duelos directos polos primeiros postos: O segundo recibe ao primeiro e o terceiro visita ao cuarto (GRUPO SALVAJE).

  • O equipo de segunda xogou como local co XADREZ IRINDO e gañou pola mínima (2,5 a 1,5), saíndo dos postos de descenso.

  • O equipo de terceira xogou como visitante contra o CIDU RIAZOR e gañou claramente por 3 a 1.

ACLAD Coruña
Club del Mar de San Amaro

Estamos en Facebook Estamos en instagram