Rolda 6 da liga 2015
Mellorable sexta rolda dos equipos ExAs.
O equipo de primeira segue con paso firme. Esta vez a súa vítima foi o GRUPO BAZÁN B ao que lle endosou un claro 3 a 1.
En segunda, mentres o Afeccionados Clubexa non pasou do empate contra o E.L.X XAQUEDRUM CADETE no súa viaxe a Lugo o Pena Clubexa perdeu en Carballo contra O TOUE XIRIA pola mínima.
E, por último, en tercerira os noso equipo gañou ao ALEXANDRE BÓVEFA D pola mínima.
Se queredes coñecer os resultados por taboleiros, seguide lendo.
Rolda 5 da liga 2015
Nesta rolda 5 os de primeira recibiron a súa primeira derrota. Foi, pola mínima, na súa visita ao Círculo Ferrolano B.
Os de terceira visitaron ao Sporting Club Casino e lles gañaron claramente por 3 a 1.
En segunda e xogando na casa, o Afeccionados Clubexa perdeu contundentemente por 3.5 a 0.5 contra o CIDU mentres que o Pena Clubexa gañou por 3 a 1 contra o E.L.X Xaquedrum Cadete.
Se queredes coñecer os resultados por taboleiras seguide lendo.
Rolda 4 da liga 2015
Nesta rolda boa actuación dos de primeira que recibiron a visita do E.L.X. Dvorak 2.0 e lles endosaron un 3 a 1.
Pola súa banda, os de terceira lograron na casa un contundente 4 a 0 contra o AAVV O Gaiteiro Sigrás.
En cambio en segunda, dúas claras derrotas dos dous equipos ExAs nos seus desprazamentos. Afeccionados Clubexa perdeu contra o PokeryAjedrez.com Arteixo B por 3 a 1 e, por idéntico resultado, tamén o fixo a Pena Clubexa contra o CIDU.
Se queredes coñecer os resultados por taboleiros seguide lendo.