VII Abierto Internacional de Ajedrez Hotel CEMAR
O "VII Abierto Internacional de Ajedrez Hotel CEMAR" celebrarase no Mondariz Balneario entre os días 15 e 22 de agosto. Así mesmo, o 20 de agosto disputarase o Torneo de Blitz Pub Fegatello.
Podedes ampliar esta información clicando sobre a imaxe ou visitando o blog http://ajedrezmarcote.blogspot.com/.
Campionato Galego de rápidas 2021
Xulio Del Prado Rodríguez (Círculo Chantadino) proclamouse Campión Galego de Rápidas con 8 puntos dos 8 posibles, Pablo Fernández Borrego (Círculo Ferrolano) foi subcampeón e Pablo López Varela (Escola Luguesa) terceiro clasificado. Paula Suarez Gomez ( CX Fontecarmoa ) conseguiu o 25º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
O Círculo Ferrolán de Xadrez campión da Copa de Galicia
O Círculo Ferrolán de Xadrez A proclamouse campión da Copa "Xunta de Galicia" 2021, categoría absoluta. Completaron o podio os equipos Club de Xadrez Rianxo (2) e Club Deportivo Xadrez Ourense Senior A (3). Tamén é destacable a actuación do Club Aroca A que, cun ELO medio de 1870, foi cuarto.
En canto a nós, cabe dicir que tivemos unha actuación discreta: rematamos no posto 17.