A Escola de Xadrez CLUBEXA comeza o 13 de setembro
As clases e adestramentos para a tempada 2026 comezan o sábado 13 de setembro, de 11 a 13 horas, no local de ACLAD na Grela. A finais de mes ou a comezo de outubro, esperamos impartir outras clases e adestramentos, unha tarde á semana, noutro local do que informaremos debidamente.
Os que estean interesados, poden mandarnos un correo a info@clubexa.org ou poden poñerse en contacto directamente co noso director deportivo Manolo Arias (606110622)
Calendario dos equipos CLUBEXA na liga 2025
Xa están publicados os calendarios da Liga por equipos na páxina da FEGAXA.
Na rolda 4 (22/02/2025) xogan os catro equipos como locais e na rolda seguinte, a 5 (08/03/2025), xogan os catro fora.
A Escola de Xadrez CLUBEXA comeza o 7 de setembro
O sábado 7 de setembro comeza de novo a actividade da nosa escola. O seu horario será de 11:00 a 13:00 horas.
Os que estean interesados, poden mandarnos un correo a info@clubexa.org ou poden poñerse en contacto directamente co noso director deportivo Manolo Arias (606110622).