6 rolda da Liga por equipos 2013
Nesta 6ª rolda cambiaron un pouco as cousas:
En primeira, o noso equipo voltou á senda da victoria co seu resultado máis repetido: 3 a 1. Esta vez a vítima foi Xadrez Gallaecia.
En segunda, os nosos equipos non pasaron do empate. Eso sí, ExAs Aficionados o fixeron co primeiro clasificado, PokeryAjedrez.com Arteixo B, mentres que a Peña ExA o fixo co último, Xadrez Irindo.
En terceira, a nosa Escola de Xadrez, como o equipo de primeira, voltou tamén a gañar, pero con mellor resultado: 4 a 0 contra Xadrez Carral.
5 rolda da liga por equipos 2013
Mala 5ª rolda para os equipos ExAs: dous empates e dúas derrotas polo mesmo resultado, 3 a 1.
En primeira o noso equipo sufriu a primeira derrota: foi contra o equipo Marquiño na Pobra do Caramiñal. Mentres en segunda, a Peña ExA perdeu por 3 a 1 contra PokeryAjedrez.com Arteixo B e os ExAs Aficionados non pasaron do empate contra a Escola Xadrez Sigrás B.
E, por último, o noso equipo de terceira, a Escola ExA, empatou a domicilio contra Air-Hostess C.
Campionatos Galegos ENTROIDO 2013 (SUB-14 E SUB-18)
Onte remataron os Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18 proclamándose campión galego Sub-14 o xogador da Casa da Xuventude de Ourense Ángel Domínguez Fernández, campiona galega Sub-14 Mireya Represa Pérez do Xadrez Laroca de Nigrán. E na categoría Sub-18 o xogador do Xadrez Ourense David Gómez Diéguez proclamouse Campión Galego e como campiona Galega Inés Prado Acebo do Círculo Ferrolano.
O noso representante no Sub-14, Diego Bugliot Mateo quedou no posto 13 de 39.
Para ver tódalas estatísiticas do Sub-14 picade neste enlace: http://chess-results.com/tnr91757.aspx?lan=2