logo de Clubexa.org

Cambio no calendario de Preferente

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-01-16 10:29:43)


A FEGAXA acaba de comunicarnos a baixa do equipo Club Xadrez Oroso que pertencía ao grupo A de Preferente.

E como  o grupo e o calendario xa estaban confeccionados, descánsase (BYE) o día que  tocaría xogar con eles. Ademais, soamente descende 1 equipo no grupo A de Preferente.

Aquí tedes como queda o calendario de Preferente - grupo A




Calendarios da liga 2026 e composición dos grupos

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2026-01-09 13:48:03)

Xa están publicados os calendarios dos diferentes grupos e categorías da Liga de Xadrez por Equipos 2026. Podedes velos no enlace XEFEGA da páxina da FEGAXA.

Con aterioridade, concretamente o 29/12/2025, publicouse a composición definitiva dos grupos para a tempada 2026. Neste  tedes toda a información ao respecto.

Os calendarios dos nosos equipos podedes velos clicando en "Ler máis ..." 




Torneo de rápidas e cea fin de temporada 2025

Fustes Pardo, Carlos (publicado: 2025-12-23 16:53:21)

O venres 19 celebramos un torneo de rápidas e unha cea posterior para rematar a temporada 2025.

Tanto o torneo como a cea tiveron lugar no Club del Mar de San Amaro que será a nosa nova sede para a liga 2026.

Tomás Bodelón foi o gañador do torneo, completando os postos de honra Alfredo de la Fuente, segundo, e Diego Fernández, terceiro.

ACLAD Coruña
Club del Mar de San Amaro

Estamos en Facebook