I Torneo Concello de Camariñas sub2200
O Concello de Camariñas e o Club Xadrez Arteixo organizan o I Torneo Concello de Camariñas sub2200 os días 3 e 4 de xullo. Será un torneo suízo a 6 roldas, ao ritmo de 60'+30'' e válido para ELO FIDE e FEDA.
Clicade no seguinte enlace para ver as bases do torneo.
Bases do I Torneo Concello de Camariñas sub2200
Datas: 3 e 4 de xullo de 2021
Local de xogo: Pavillón Municipal Víctor Vigo, Avda. Eugenio López s/n
Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas, podería ser acelerado dependendo do número de xogadores
Ritmo de xogo: 60´ minutos + 30” segundos de incremento.
Horario de xogo:
1ª rolda: sábado 3 as 10:30 2ª rolda: sábado 3 as 16:00
3ª rolda: sábado 3 as 19:00 4ª rolda: domingo 4 as 10:30
5ª rolda: domingo 4 as 15:30 6ª rolda: domingo 4 as 18:30
Clausura sobre as 21:30
Inscricións: Xeral 15€, locais:5€, pódense realizar no email pokeryajedrez@gmail.com ou no 617234393 ata o 2 de xullo.
Emparellamentos: realizaranse mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introdución de resultados antes da seguinte rolda.
Días de descanso (Byes): Pódense solicitar ata un máximo de 2 Byes ata a 3 rolda. Os Byes correspondentes a primeira rolda deberán formalizarse vía email (con acuse de recibo) antes de que remate o prazo de inscrición. Os Byes das seguintes roldas (2ª, 3ª) deberán formalizarse antes de que remate a primeira rolda. Na rolda solicitada non se emparellará o xogador e daráselle medio punto.
Participantes: O torneo está reservado para xogadores con menos de 2200 Elo FIDE de lentas na lista de xullo, todos os xogadores deben estar federados, o torneo será válido para ELO FIDE e FEDA de lentas.
Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e APRO.
Tempo de espera: O tempo de demora será de 30 minutos. Un xogador que non compareza a partida sen causa xustificada será eliminado do torneo.
Premios (en euros): total 1.000€
Xeral: Especiais: Locais:
1º 180€ + trofeo 1º sub-2000:20€ 1º 20€ + trofeo
2º 150€ + trofeo 1º sub-1600:20€ 2º 15€ + trofeo
3º 120€ + trofeo 1º veterano(+55):20€ 3º 10€ + trofeo
4º 100€ 1ª feminina:20€
5º 80€ 1º sub-18: 20€
6º 65€ 1º sub-16: trofeo
7º 55€ 1º sub-14: trofeo
8º 45€ 1º sub-12: trofeo
9º 35€ 1ª sub-10: trofeo
10º 25€ 1º sub-8: trofeo
E obrigatoria a presenza na clausura para recoller o premio. Os premios non son acumulables e repartiranse por rigorosa orden de clasificación, no caso de optar a 2 levarase o de maior contía e se son iguais seguirase a orde xeral.
Regras de xogo: Para o no especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. Os participantes no torneo autorizan a publicación dos datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a difusión necesaria do evento (resultados, prensa, clasificación, etc.) e a inscrición no torneo supón a aceptación destas bases, será obrigatorio seguir o protocolo Anti Covid-19, en caso contrario non se admitirá a inscrición no torneo.
A organización resérvase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sen mais aviso que a súa publicación na páxina web oficial www.pokeryajedrez.com
Organiza: Concello de Camariñas e Club Xadrez Arteixo
Patrocina: Concello de Camariñas
Aloxamento recomendado: Hotel O Parranda C/ Casadillo. 15123 Camariñas 677 433 303 info@oparranda.com