VI TORNEO FESTAS DO CARMEN (AS PONTES)
As Pontes, 10 de Xullo de 2005
I. O torneo disputarase polo sistema suízo a 7 roldas o día 10 de Xullo de 2005. O local de xogo será nos locales do L.A.R. Endesa situado no Poblado das Veigas (ó lado do campo de fútbol)
II. O ritmo de xogo será de 25 minutos por xogador, A finish.
III. Establecerase un límite de 70 xogadores que serán admitidos por orde de inscrición.
IV. A inscrición será de 6 ¤, e poderá facerse nos números de teléfono: 654166 777 (Chucho), 654 166 815 (Javier), 629 266 005 (Zokis), O prazo para inscribirse, rematara o día 9 de Xullo as 10 da noite.
O pago da inscripción farase efectivo antes de comezar a 1ª rolda.
I. O calendario do torneo será:
Día 10 de Xullo ás 10:30 horas Presentación
Día 10 de Xullo ás 11:00 horas 1ª Rolda
Día 10 de Xullo ás 12:00 horas 2ª Rolda
Día 10 de Xullo ás 13:00 horas 3ª Rolda
Día 10 de Xullo ás 16:30 horas 4ª Rolda
Día 10 de Xullo ás 17:30 horas 5ª Rolda
Día 10 de Xullo ás 18:30 horas 6ª Rolda
Día 10 de Xullo ás 19:30 horas 7ª Rolda
Entrega de premios día 10 de Xullo ás 21:00 horas.
II. Premios:
1º Clasificado 200 ¤ e trofeo
2º Clasificado 100 ¤ e trofeo
3º Clasificado 50 ¤ e trofeo
1º Clasificado sen ELO FIDE 50 ¤
2º Clasificado sen ELO FIDE 25 ¤
1º Clasificado sen ELO (FIDE e FEDA) 50 ¤
2º Clasificado sen ELO (FIDE e FEDA) 25 ¤
Tamén haberá trofeos para os dous primeiros clasificados de cada unha das categorías (xuvenil, cadete, e infantil) así como para o pontés e para a pontesa. mellor clasificados
Os premios non serán acumulativos, no caso de concorrer un xogador a varios premios, entregaráselle o de maior contía.
III. No caso de haber empates, empregaranse os métodos de desempate seguintes, e por esta orde:
Bucholz
Sonnenborg – Berger
Bucholz medio
Nº de victorias
Resultado particular
Color do enfrontamento entre ámbolos dous.
IV. Será eliminado o xogador que imcompareza a unha rolda, así mesmo a organización reservase o dereito de eliminar a tódolos xogadores que non comparezan ó comezo da 1ª rolda.
V. O torneo farase utilizando o programa Swiss Perfect 98 e a ser posible evitaranse os enfrotamentos entre xogadores do mesmo club durante as primeiras 4 roldas.
Arbitrará un membro do Club Xadrez As Pontes
As decisiós do árbitro serán inapelables
VI. Tentaremos de habilitar un local onde se poida fumar e analiza-las partidas, non permitíndose facelo na sala de xogo.
O non previsto nestas bases rexerase polo regulamento en vigor da FIDE.
A participación no torneo supón a aceptación das bases.