Liga por equipos |
Rolda 4 da liga 2015 | |
20-02-2015, 11:16 |
Fustes Pardo, Carlos |
Nesta rolda boa actuación dos de primeira que recibiron a visita do E.L.X. Dvorak 2.0 e lles endosaron un 3 a 1. Pola súa banda, os de terceira lograron na casa un contundente 4 a 0 contra o AAVV O Gaiteiro Sigrás. En cambio en segunda, dúas claras derrotas dos dous equipos ExAs nos seus desprazamentos. Afeccionados Clubexa perdeu contra o PokeryAjedrez.com Arteixo B por 3 a 1 e, por idéntico resultado, tamén o fixo a Pena Clubexa contra o CIDU. Se queredes coñecer os resultados por taboleiros seguide lendo. |
Rolda 3 da liga 2015 | |
20-02-2015, 11:08 |
Fustes Pardo, Carlos |
Mala rolda 3 para os equipos ExAs. En primeira, lograron un meritorio empate contra Bazán A. En segunda, e xogando na casa, os Afeccionados Clubexa non pasaron do empate contra o Escola Sigrás B mentres que a Pena Clubexa perdeu por 3 a 1 contra o PokeryAjedrez.com Arteixo B. Os de terceira tocoulles descanar nesta rolda. Se queredes coñecer os resultados por taboleiros, seguide lendo. |
Rolda 2 do 2015 | |
28-01-2015, 19:32 |
Fustes Pardo, Carlos |
Na segunda rolda obtemos todo tipo de resultados: Dúas vitorias, un empate e unha derrota. En primeira, o noso equipo empatou co RECATELO CAMPUS LUGO. Na segunda división, esta vez quen gañou foi o Afeccionados Clubexa e o fixo a domicilio contra o GALLAECIA CONSTRICTOR co resultado de 2.5 a 1.5. Mentres que a Pena Clubexa visitou ao ASCOLA XADREZ SIGRÁS B e saíu derrotado por 2.5 a 1.5. Por último en terceira, o noso equipo gañou en Betanzos contra o XADREZ BETANZOS B co resultado de 3 a 1. Se queredes coñecer os resultados por taboleiros, seguede lendo. |
<<Anteriores | [ artículos4 a 6 de 124 ] | Siguientes>> |